tag:blogger.com,1999:blog-103263532008-03-18T18:03:06.272+01:00O funambulista coxoO Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comBlogger66125tag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1122925193485256872005-08-01T21:36:00.000+02:002005-08-01T21:41:34.060+02:00Rosselini, Moretti, Velo
"Preguntaban por min os que nunca me procuraron, topáronme os que non invocaban o meu nome". Con esta cita do profeta Isaías, comeza Stromboli, o filme de Roberto Rosselini. Unha historia sobre a procura da liberdade física e espiritual. Do medo a ser libres. De cómo a liberdade física pode non casar coa liberación espiritual ou relixiosa. E de cómo sentirse libre pode significar aceptar a autoridade. Paradoxos.
Ingrid Bergman sae dun campo de refuxiados da 2ª guerra mundial, casando cun home nado na illa de Stromboli. Libérase encerrándose. Convertirase na veciña díscola dunha aldea que a abafa. Estando embarazada, tenta unha fuxida en barco para a que é necesario atravesar o cume do volcán, que coma un deus ameazante e vingativo, condiciona a vida dos habitantes da illa. Trataba de ser ela mesma nunha sociedade que non a comprendía. Rebélase fuxindo. Esgotada, sen forzas para continuar, ollando dende as alturas a aldea alá no fondo, chora e clama ao Deus no que non cría; pero rematamos ignorando se finalmente a súa carreira vai seguir até as últimas consecuencias, se se rendirá ante unha autoridade que nunca recoñecera, ou se é ese coñecimento da divinidade a que constitúe a súa redención e liberación. A rotunda forma do volcán é o Deus omnipresente, o crater en erupción polo que ela se abala, cos seus temblores inestables e as súas labaradas, é a mímese da alma da protagonista. Máis turbadora se cadra, ao ser suliñada pola marabillosa música de Renzo Rosellini.
Se lemos a Biblia podemos comprobar que o que Isaías di a seguir da cita é: "Boteille unha man todo o tempo a un pobo rebelde, ós que camiñaban por un vieiro non bo, seguindo os seus propios plans". Continúa o paradoxo, a liberación dos libres.
Noutro filme, "Caro diario" de Nani Moretti, o irónico italiano fai de novo a viaxe a Stromboli. Nunha das secuencias más acedas, o amigo que o acompaña -un filósofo ao que lle emocionan os culebróns da tele- diríxese, na aba do volcán, a un grupo de americáns para traducirlle as preguntas que a berros fai Moretti dende o cume, sobre os vindeiros capítulos -de todos é sabido que en EEUU bótanos antes- da serie de moda. Toda unha desacralización do lugar e unha visión esmagadora non sei se da cinta de Rosellini, ou da nosa sociedade actual; ao fin e ao cabo, tamén Moretti ten o seu intre espiritual, ainda que sexa sen espectacularidades, no parsimonioso percorrido en Vespa polo lugar onde foi asasinado Passolini, outro díscolo.
Cambiando un pouco de tema, dicir, que o filme de Rosselini intercala a acción con secuencias de inspiración documental. Nunha das mellores, móstranos cómo os mariñeiros desa área do Mediterráno botaban as redes, puñan os cebos, e finalmente acurralaban e izaban ás traiñas os fermosos corpos do que semellan atúns. Lembráronme moito estas partes documentáis a aquel "Galicia" que fixera Carlos Velo, e en concreto a parte da pesca dos atúns, trae á mente algúns fotogramas que aparecen no libro da exposición Diásporas -vista recentemente no MARCO- e que foron extraidos do seu único documental conservado da época da República: "Almadrabas", onde a pesca do atún en augas andaluzas, é tamén a protagonista.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1122498712778173322005-07-27T23:03:00.000+02:002005-07-27T23:22:50.223+02:00Indo pola sombra
Dicía Ungaretti no seu poema sobre o mes de xullo.... É l´estate e nei secoli/ Con i suoi occhi calcinanti/ Va della terra spogliando lo scheletro. É o estío e nos séculos/ Os seus ollos calcinantes/ van da terra espindo o esquelete. Porque ainda que xa estén os campos cheos daquel milho verde que cantaba José Afonso, o verán: Struegge forre, beve fiumi. Funde foxos, bebe ríos; zúganos o tuétano dos ósos e déixanos no seu langor, exangües, e medio mortos.
E malia todo, a vida segue. Continuamos emocionándonos na nosa romaría laica da Quintana, se cadra porque somos vítimas daquilo que Freud definiu coma o "narcisismo das diferenzas menores" -e que Michael Ignatieff lembra, nun libro que leo con ánimo autocrítico, para alertar dos perigos dos excesos identitarios- ou se cadra emocionámonos porque avogamos coma Manuel Rivas nuns seus versos, pola morte de todas as nacións, agás aquelas que dean boa sombra.
Ao que lle debeu dar moito o sol na cabeza estes días é ao presindente do Consejo General del Poder Judicial e do Tribunal Supremo, que veu de xustificar a cacería aberta en Inglaterra contra o home de pel "manchada", supoño que ao abeiro desas teorías de perfil neocon da guerra de civilizacións.
Pero se de falar de guerras se trata -e como ainda sigo co extenso libro sobre as súas campañas militares- nada mellor que Napoleón. O pragmático xeneral corso deixou unha máxima que resumiría a perigosa e rudimentaria lóxica do xuiz: "Na guerra todo o que é útil, é lexítimo".

Eu, coma o poeta da Coruña, prefiro pensar que da morte dun inocente xamáis agromarán árbores que dean boa sombra, senon a semente das uvas da ira.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1121289385469900692005-07-13T23:12:00.000+02:002005-07-13T23:21:22.890+02:00Good Times, bad times
Cando morreu o anterior Papa poidemos asistir á retransmisión urbi et orbe da súa agonía, sepelio, proceso de elección de novo candidato, proclamación e coronación. Na súa primeira intervención, Benedicto XVI marcou a que sería liña mestra do seu pontificado: combater a "ditadura do relativismo". O pensamento non dogmático, unha conquista de séculos da sociedade humán, voltaba a ser anatemizado por este bávaro de voz apoucada que pensa que o que compre é a volta á ortodoxia cristiá ainda que iso supoña renegar de todo saber científico ou cultural que ouse contradecila.
Hoxe o ministro británico do interior Charles Clarke dirixíuse ao parlamento europeu coa intención de conseguir convencer aos eurodeputados da necesidade de tomar unha serie de medidas de control preventivo, especialmente no que se refire ás telecomunicacións. Na súa intervención falou de cómo as cousas tiñan cambiado no mundo nestes últimos anos. Con ironía dixo que xa non estamos nos tempos da revolución francesa, polo menos en todo o mundo fóra de Francia, e que hai que replantexarse algúns conceptos desfasados dese período que non encaixan neste século XXI. Supoño que non se estaba a referir á Declaración de Dereitos do Home, porque nunha reviravolta conceptual asegurou que non se trata de coutar dereitos, trátase de priorizalos.
Leo en O imperio fronte á diversidade de Sami Nair: "O individualismo é o nucleo do vínculo social. Pero por outra parte, esta concepción non pode deixar de lado o feito de que o individuo é tamén, e ante todo, un ser social, un produto das relacións sociais. O vínculo social-liberal integra esta dimensión ao relacionala coas características primarias dos grupos, é dicir, étnicas, culturais e confesionais. É esta pertenza étnica, lingüística ou relixiosa a que se instaura coma identidade comunitaria do suxeito. Así, por exemplo, vincúlase ao traballador inmigrante á súa comunidade de orixe, de cultura, de raza e de relixión, e non á súa condición social de obreiro, asalariado que comparte a súa condición co resto dos asalariados. O vínculo social-liberal tende, pois, a reproducir á vez individuos aillados e comunidades prepolíticas, precidadás".
Os xóvenes musulmáns-anglo-pakistanís que se fixeron estoupar xunta centos de persoas inocentes o pasado sete de xullo en Londres son, para Benedicto XVI a proba de que só hai unha relixión boa en sí mesma, para o ministro inglés son a proba de que é necesario un recurte de liberdades para garantir a seguranza, e para Sami Nair son a proba de que nas "sociedades abertas occidentáis" -así lles chaman agora- algo está a fallar no que atinxe á inmigración e á relación cos países menos opulentos.
Polo que a min respecta todo isto proba o rexurdimento dunha sorte de Antigo Réxime posmoderno: mandatos hereditarios, discursos confesionáis, poder secular omnipotente, fundamentalismos, guerras santas e desaparición do concepto de cidadanía. Iso sí, todo televisado.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120859809743090412005-07-08T23:50:00.000+02:002005-07-09T00:01:44.186+02:00London, London
I'm wandering round and round nowhere to go
I'm lonely in London London is lovely so

"London London", Caetano Veloso.

Visitar unha grande metrópole é coma ter diante de ti o mundo todo en miniatura. Uns sete meses da miña vida transcurriron en Londres. Curiosamente, foi alí a primeira vez que souben cómo era unha mesquita por dentro. Liverpool Street, a estación de King Cross, a City, son algo máis que simples nomes. Son imaxes impregadas na miña retina, momentos vividos, sensacións, cheiros e sabores.
Abraia pensar o que pode ser unha explosión nun deses túneis do metro que tantas veces percorrín.
É algo semellante ao que debe sentir un rapaz de Damasco, ou do Cairo, ou do Líbano, cando ve as imaxes dos corpos destripados nas rúas de Bagdad ou nos camiños poeirentos de Palestina. Eses lugares amados, cheos de imaxes que se impregnan á retina, de momentos vividos, de sensacións, de cheiros, de sabores.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120682189680049022005-07-06T22:33:00.000+02:002005-07-06T22:51:04.923+02:00"Divertimento"
Ando a ler un voluminoso libro sobre as campañas militares de Napoleón escrito por David Chandler. Segundo este home, o día 25 de xullo de 1798 constituiu un fito na historia de Bonaparte: "dende ese día empezouse a perfilar o tirano cada vez con maior nitidez".
O motivo de ser ese un auténtico annus horribilis, foi que a súa dona Xosefina -aproveitando que él se atopaba degolando mamelucos en Exipto- lle fora infiel cun "xoven oficial moi acicalado" de nome Hippolyte Charles.
Bonaparte confesouse co seu irmán Joseph: "Aos meus 29 anos, a gloria perdeu todo o seu atractivo, apureino todo, e xa só me resta converterme nun auténtico egoista". Parecía que nesa idade-fronteira pechábase un ciclo na vida do xeneral.
Na fin dese mesmo ano, Napoleón encontrábase xa en Francia. O 9 e 10 de novembro participaría no chamado Golpe de Estado de Brumario que acabaría co Directorio que gobernaba o país ata ese momento. Poucos días despois Bonaparte sería nomeado Primeiro Cónsul, o gobernante de facto de Francia. O autor resume deste xeito o que isto significaba de cara aos tempos vindeiros: "Na andadura que remataría en Fontainebleau esperánbanlle a Púrpura Imperial, grandes vitorias e devastadoras derrotas, pero en decembro de 1799 o futuro parecía o suficientemente seguro e, aos seus 30 anos de idade, o primeiro cónsul non tiña razóns para temer ao futuro".
Todo isto viña a conto por unha tradición que inaugurei cando cumprín 25. Daquela aproveitei un textiño de Leopardi que falaba sobre esoutra idade-fronteira. Hoxe, emprego éste non para reclamar a Púrpura Imperial, pero sí para brindar por que a miña andadura sexa fértil en grandes vitorias e en devastadoras derrotas, será sinal de que estou vivo e de que, cando vía o mundo dende os meus apurados 29 anos, non tiña razóns para temer ao futuro. Saude!
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120596941966064442005-07-05T22:49:00.000+02:002005-07-05T23:02:13.880+02:00Obituario dun esquío
Hoxe pola mañán vin un esquío. Rápido coma un lóstrego cruzouse na estrada. Avanzou, viume, recuou. A súa aparición colleume por sorpresa. Sen tempo para reaccionar, só puiden ver a súa cola axitarse.
Segundos despois o becho desaparecía debaixo do meu coche. Notei cómo a roda dereita sobrepasaba o bulto do malfadado. Aflito, mirei polo espello retrovisor: a cabeza e medio corpo estaban esmagados. A xentil criatura, xa non era máis que unha cola pegada a unha masa de sangue e carne informe. Sentínme culpable durante un bo tempo. Pola tarde, xa me esquecera del.
Agora, recordándoo, viñéronme dous nomes á cabeza: Fernando Esquío por razóns obvias; e Cioran, polo mesmo.
O primeiro escribiu aquilo de:
Seu arco na mão a las aves tirar,
e las que cantavan non as quer matar,
a las aves, meu amigo
Do segundo decidín resgatar o seguinte:
A vida é etérea e fúnebre como o suicidio dunha bolboreta.
Ou dun esquío, engado eu.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120499323484239192005-07-04T19:46:00.000+02:002005-07-04T20:16:59.023+02:00Porca miseria
- O pobo pasa fame, maxestade; non ten pan
- Se o pobo non ten pan, Por qué non come pasteis?
Atribuido a María Antonieta, muller de Luís XVI.

Londres, Johanesburgo, Filadelfia, Tokio, París, Berlín. Moradores nas cidades máis cosmopolitas -e máis ricas- do globo, reuníronse hai un par de días en multitudinarios concertos "contra a pobreza". (Podería alguén estar a favor dela?).
Madonna, Elton John, Paul McCartney, Will Smith, foron algúns dos líderes carismáticos. Nin cargas ideolóxicas. Nin referenzas incómodas. No concerto contra a pobreza económica a raiña foi a probreza intelectual.
Conclusión? Na cínica sociedade do espectáculo os que máis se laian da pobreza son os multimillonarios.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120164858433735672005-06-30T22:51:00.000+02:002005-06-30T23:03:55.766+02:00No día do arco da vella
Italo Calvino, o autor que nos fixo soñar coas cidades invisibles que creaba, escribiu tamén a historia de Cósimo Piovasco di Rondó, aquel rapaz que un bo día decidiu rubir ás ponlas dunha árbore e non baixar máis.
Ao principio, todos os habitantes daquelas bisbarras do norte de Italia, rosmaban ante a extravagancia deste mozo díscolo, que se negaba a vivir como o resto da xente. Pero velo comer, lavarse, ler, namorarse ou mesmo combater un ataque pirata sen poñer os pés na terra, foise facendo tan habitual, que o Barón Rampante e os seus costumes, acabaron por ser plenamente aceptados na comunidade.
Esta entrañable noveliña é un canto á diferenza, ao dereito a vivir a propia vida en liberdade, a ser o que se quere ser e non o que se supón que se debe ser. Unha lectura ideal para o día no que se aprobou a lei que permitirá a moitos "diferentes" facer á luz do día o que xa facían na escuridade: construir a súa propia cidade invisible.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1120080384761041712005-06-29T23:23:00.000+02:002005-06-29T23:36:28.176+02:00Divino tesouro
Di Theodor W. Adorno: “É característico do mecanismo de dominación impedir o coñecemento dos sofrimentos que provoca, e do evanxeo da alegría de vivir á instalación de matadoiros humáns hai un camiño recto, ainda que estén éstes, coma en Polonia, tan afastados que cada un dos seus habitantes pode convencerse de non ouvir os berros de dor”.
Este serán vin esa apoteose da decadencia e do patetismo que é Der untergang (El Hundimiento, disque) de Oliver Hirschbiegel. Ao principio e ao remate da película sae falando Trauld Junge, a que fora secretaria do Adolf Hitler máis tolo e delirante, incapaz de asumir que o Exército Ruso estaba ás portas de Berlín.
Tras a guerra, esta muller foi considerada polas forzas aliadas coma "xoven seguidora". Na súa intervención final dí que ela non sabía nada do que lles estaba a acontecer aos xudeos en Alemaña; tamén fala de cando anos despois, viu nunha praza pública, unha placa en homenaxe a unha rapaza xudea da súa mesma idade, asasinada o mesmo día en que ela comezara a traballar para Hitler.
Finaliza cunha frase que me fixo pensar: "Eu non sabía, pero poiden intentar saber. Que fora nova non me desculpa". Paréceme unha boa reflexión sobre a xuventude e a consciencia, moi acaida agora que moita xente nova -vímolo nestas últimas eleccións- "pasa" de interesarse por nada do que sucede ao seu arredor.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1119980230003359292005-06-28T19:32:00.000+02:002005-06-28T19:54:50.266+02:00Au revoir monsieur Fraga
Vieiros resalta hoxe cómo o amencer cheo de esperanza que agroma na Galiza despois destas eleccións coincide co sesenta e nove (cantidade moi erótica) aniversario do Estatuto do ano 36. Na mesma liña, e segundo escoitei pola radio, o próximo 18 de xullo constituirase o novo parlamento galego. Non deixa de ter graza que sexa no mesmo día do alzamento fascista que botou terra -e metralla- sobre o Estatuto de Castelao e Bóveda, cando se reflicta que o derradeiro franquista activo políticamente, se vai embora.
Disfrutemos do momento, pois merecido está, pero iso sí, sen permitir que ninguén coma o espazo de ninguén, que se a forza só do nacionalismo non chegou, a forza só dos socialistas, tampouco.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1119815777776270982005-06-26T21:50:00.000+02:002005-06-26T22:23:04.416+02:00Un conto mediterraneo
Unha pedra preciosa no colo
Unha tatuaxe con forma de corazón
Unha palmeira diante da casa
O viaxeiro trae consigo
Os camiños de aquí e acolá
Os daquel tempo e os de agora

Estou aquí
Estou aquí
Estou aquí e en todas partes

Hemen nago. Ruper Ordorika.

Antes de ver Politiki Kouzina ("Un toque de canela" puxéronlle en castelán) de Tassos Boulmetis, o único director grego que coñecía era Theo Angelopoulos. O seu cine case non ten nada que ver, pero sí observei uns puntos en común: o gusto polas imaxes poéticas, as bandas sonoras morriñentas e o mito de Ulises.
A película de Boulmetis é o percorrido vital dun astrónomo grego namorado da cociña, que nado en Estambul é vítima do conflito –agravado tras a invasión de Chipre- entre Turquía e Grecia. Fanis, o rapaz, e máis os seus pais son deportados a Atenas, ficando na vella Constantinopla a súa amiga de xogos Saima e seu avó, unha persoa fundamental na súa infancia e que o marcará para o resto da súa vida. Del aprende a relación entre a comida e a astronomía o meu avó dicía que a palabra gastrónomo contén a palabra astrónomo. Na tenda do vello descubrirá o mundo das especias e a súa relación cos planetas e co sentido da vida: A pementa quenta e queima/ O sol/ E qué ve o sol?/ Todo/ Exacto por iso pementa úsase en todas as comidas. Xunta do sol está Hermes. Tamén é quente e despois Afrodita/ Canela/ Afrodita era a muller máis fermosa de todas. Por iso a canela é doce e amarga coma todas as mulleres. Despois temos á Terra. Qué temos na Terra?/ A vida/ Sí, na Terra hai vida. Qué necesita a vida?/ Comida/ E qué fai á comida máis saborosa?/ A sal/ Por iso a vida tamén necesita sal. A comida e a vida necesitan sal para seren máis saborosas.
Na deportación coñece o medo aos axentes de inmigración porque o día que nos fomos de Estambul esa xente con uniforme "feriron" as nosas escasas pertenzas con xiz. Parecíanse ás marcas de calqueira outro deportado. Mentras os turcos nos depedían coma gregos, os gregos recibíannos coma turcos. O drama da fronteira que tamén se ve n´ A mirada de Ulises de Angelopoulos está presente, o mesmo que a diversidade de pobos e as súas dificultades para a convivencia propias de toda esa área mediterranea. Pero este desarraigo é tratado con humor, coma na escea onde o pai de Fanis vai falar coa mestra grega en que a conversación transcorre pola senda do absurdo: Qué idioma falan?/ En grego, por suposto/ Pero con acento turco.../ Claro, Algún problema?/ O seu acento causa problemas. Comete faltas de ortografía. O outro día escribiu Kolokotronis coma se fose un verbo. Kolokotronis non é un verbo senon un heroe grego da revolución. Debe vostede facer algo para potenciar o seu orgullo étnico.
O avó está enfermo e Fanis volta a Estambul despois de moitos anos fora. É o peche do círculo, o retorno do viaxeiro, porque tal e como lle dixo o seu tío Emilios nunha conversa cando ainda estaba en Grecia: hai dous tipos de viaxeiros, os que miran o mapa e os que miran o espello. Os que miran o mapa vanse, os que miran ao espello –e os efectos do paso do tempo no rostro propio- volven a casa.
Pero o tempo pasou para todos e o seu soño de reencontrarse coa súa amiga Saima, choca coa realidade da existencia dun marido e dunha filla. Cando Fanis marchou de Grecia Saima despediuno no andén, agora, outro andén é testigo da súa segunda despedida. Fanis dille a Saima que non mire para atrás, porque esa imaxen permanece coma unha promesa.
Outro grego na diáspora dixo unha vez que a viaxe a Itaca debería ser o máis longa posible, a do noso protagonista ocupou toda unha vida. No hospital, xunto o corpo en coma do seu avó, susurra, coma na canción de Ordorika: Avó, son eu Fanis. Estou aquí avó. Estou Aquí.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1119293849713139212005-06-20T20:54:00.000+02:002005-06-20T20:59:30.653+02:00Cando a forza de tanto amor é inútil
Tentar mudar a realidade galega é coma bater coa cabeza contra unha pedra. Entre elección e elección batemos e batemos sen acougo. Cando dan os resultados, a pedra segue intacta e a nosa cabeza dolorida. Nestas últimas autonómicas semella que fomos quen de facer unha pequenísima greta na mole granítica, agora virán outros canteiros levar a ganancia. E a nosa cabeza?.... a nosa cabeza está cos miolos ao ar e sangrando a borbotóns.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1118852307495876842005-06-15T18:15:00.000+02:002005-06-15T18:21:48.223+02:00Amuélese, señor Conte
Veño de rematar a nova edición do libro Os anos escuros, de X.L. Franco Grande, sobre unha época do galeguismo que tivo por protagonistas a aqueles que segundo lle lin unha vez a X.L. Barreiro Rivas, adicaban o tempo a facer libros cando o que compría era -seguindo o exemplo de vascos e cataláns- facer política, (cuestión aparte sería preguntarse qué foi o que fixo despois Barreiro Rivas en Alianza Popular, ou qué fariamos cada un de nós nas mesmas circunstancias). No final do libro aparecen uns apéndices onde topei un texto moi chusqueiro de X.L. Méndez Ferrín titulado Cada coello ao seu tobo, e que ven moi ao caso desa vella polémica que volveu a abrollar por mor do suplemento Babelia adicado ás letras galegas. Onde por certo, tamén aparecía unha entrevista ao de Vilanova dos Infantes. Lamentablemente, cincuenta anos despois o texto está totalmente vixente. Paga a pena verquir algúns parágrafos en homenaxe ao tal Rafael Conte:

"Veamos: en España hay cuatro idiomas, a cada idioma corresponde una literatura; hay pues, cuatro literaturas, gallega, catalana, vascuence y castellana. ¿Qué criterios podemos adoptar para incluir a un escritor español en cualquiera de ellas?:

1. Criterio de nacimiento: Según él pertenecen a la literatura gallega los señores nacidos en Galicia, escriban en el idioma que fuere. De esta manera Camilo José Cela no pertenece a la literatura castellana por haber nacido en Galicia. Extendiendo el criterio a otras latitudes veremos que Joshep Conrad no pertenece a la literatura inglesa, Rilke no pertenece a la alemana, Terencio no pertenece a la latina, Séneca tampoco, los escritores de la España musulmana no pertenecen a la literatura árabe... etc, por haber nacido en Polonia, Checoslovaquia, África y España, respectivamente.

2. Criterios de peculiaridad: El posible seguidor de este habría de dividir la literatura de España en un mosaico de parcelas, basándose en el ambiente de la literatura a clasificar, en la nota anecdótica: literatura santanderina, madrileña, extremeña, andaluza, gallega, castellana, de La Estrada, etc. Según esta absurda manera de pensar será gallego el escritor que refleja en su obra aquello que tradicionalmente se viene llamando lo gallego: el paisaje de Galicia (Unamuno y Azorín sería entonces grandes escritores gallegos).

3. Criterio idiomático: Según él pertenecen a la literatura gallega los escritores que escriben en lengua gallega y a la castellana los que, aunque hayan nacido en Pomerania y reflejen el ambiente nepalí escriben en lengua castellana.
Se diferencia de los otros dos criterios en que: a) no es involuntario (nacimiento); b) se atiene a un hecho concreto y no a cien entrelazados (peculiaridad ambiental)

Estas consideraciones me vienen a cuento porque están apareciendo con alguna frecuencia actitudes de ciertos escritores (...), naturales de Galicia, actitudes que se revelan como andróginas y ambiguas. No quieren escribir en gallego pero se consideran escritores gallegos y se tratan a sí mismos de desamparados de la crítica regional y ausentes de sus antologías... (...) Algunos de estos, casi siempre desconocidas medianías, son individuos que no se atreven a lanzarse a la literatura castellana, por estimar cortas sus fuerzas y larga la competencia, y sin renegar de la lengua castellana tratan de ser algo de esta esquina de España, chillando a voz en cuello que han nacido en Pontevedra, El Ferrol o La Coruña... Otros de éstos, los más interesantes quizás, sienten verdaderamente a Galicia y subconscientemente desean escribir en gallego y dedicar a él su obra, pero.... no se les hace fácil el idioma en que quizás mamó su padre y escriben rotundamente en castellano; intentando justificarse a sí mismos con esos sofismos de si el traducirse...., de si la universalidad, de si... Señores, déjense de dingolondangos; o a una literatura o a otra. Ni la Pardo Bazán se vio desamparada de Murguía o Salaregui, ni Valle-Inclán protestó por no estar incluido en la escolma de López Aydillo. Si ustedes escriben en castellano, que se ocupe de ustedes la crítica castellana, y si no tiene usted categoría para que reparen en su figura, amuélense y a otra cosa".
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1118697132867246562005-06-13T23:08:00.000+02:002005-06-13T23:19:30.653+02:00Iribarne, a cólera de Deus
No ecuador da campaña, cando semella que cobra pulo a posibilidade de botar a todo ese séquito de rémoras inútiles que X.M. Beiras chamaría a peste fraguiana, venme á mente unha película que reflexa o que sinto cando vexo na televisión a esa caricatura de si mesmo en que se converteu o noutrora omnipotente león de Vilalba.
Aguire, der Zorn Gottes (Aguirre, a cólera de Deus) de Werner Herzog, conta a historia de Lope de Aguirre, un home con enormes ansias de poder que se subleva contra os seus superiores e comeza unha busca desesperada pola súa conta do Dourado, desfacéndose polo camiño de todo aquel que ouse facerlle sombra. Despois de penosas xornadas por unha floresta inzada de perigos, os sobrevivintes conseguen descer río abaixo nunha balsa de madeira. Pouco a pouco, un grupo de indios van matando a todos desde a beira, só sobrevive un Aguirre tan cegado pola súa loucura que é incapaz de ter consciencia da súa situación. A película paga a pena vela só pola escea do final, onde un xenial Klaus Kinski no papel dun Aguirre delirante, deambula na precaria embarcación de paus, soñando cun futuro imposible, urdindo ambiciosos proxectos fracasados, ante o exército de pequenos macacos que invadiu a balsa, e que, coma pulgas choutando na area, son testigos rebuldeiros e bobos dos disparates do gran home.
Pase o que pase o vindeiro día 19, Iribarne, deixará nas nosas retinas coma despedida da súa vida política, unha imaxe tan patética coma a que deixa o Aguirre de Herzog.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1118584175297277422005-06-12T15:48:00.000+02:002005-06-12T16:23:40.650+02:00Europa vista desde as illas
Despois de onte ter o inmeso privilexio de acudir aos Premios Xerais de Novela na Illa de San Simón (e San Antón), e coa fermosa perspectiva de distanciamento co continente que iso da, hoxe non podo máis que retomar unha idea da que xa falei nalgún post anterior; e fágoa recomendando un artigo que aparece no suplemento do domingo do xornal El pais. Unha boa reflexión de Alain Touraine sobre o esgotamento da proposta socialdemócrata europea, algo que xa se viña intuindo en moitas das eleccións celebradas recentemente en diversos paises do noso entorno, e no xurdimento de novos discursos e novas praxes na esquerda europea e mundial.
Hai uns días vin a película My Fair Lady de George Cukor, baseada na obra teatral de George Bernard Shaw. Unha crítica amable á ridícula compartimentación das clases sociais, a partires dunha serie de convencións prestablecidas de comportamentos, linguaxes ou atuendos. Na edición ofrecida polo mesmo xornal que hoxe publica a Touraine, aparece un comentario de Haro Tecglen onde nos conta que Shaw era socialista, concretamente profesaba un socialismo coñecido como Fabiano. Este nome venlle do xeneral romano Fabius Cunctator, ou o que retrasa, o lento. Penso que encaixaría perfetamente con este fabianismo e coa socialdemocracia en xeral, aquilo que dicía Mark Twain de que os costumes son costumes e nengún home debe guindalos pola fiestra; debe engatusalos e facer que baixen polas escadas de chanzo en chanzo.
E se até o de agora parece que a cousa funcionou, empeza a haber sinais que indican que o modelo chegou a un nivel tal de cautela nos cambios, cando non de retroceso, que o que se autodefine como ideoloxía progresista, isto é, pensamento en movemento, sofre dunha grave esclerose, tan grave que, como no tópico do galego, non se sabe se sobe ou se baixa da escada, e á que non lle queda outra saída que a reformulación ou a parálise definitiva.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1118254603072284982005-06-08T20:12:00.000+02:002005-06-08T20:17:54.523+02:00Terra Australis
Australia. Cando penso en Australia recordo un coxín co debuxo dun koala no sofá da casa da aldea, trouxérao un veciño emigrado como regalo para os meus bisavós. Sempre sospeitei que aquilo non era simple coincidencia. Australia ten en común con Galiza que está chea de eucaliptos, e ten de diferente que está chea de canguros. O capitán Cook ía un día navegando polos mares do sur e deu con Tasmania, seguiu navegando e recorreu toda a costa leste australiana, por iso se di que o Capitán Cook descubriu Australia. Galiza está oculta nos telexornais, agardando que algún navegante a descubra. Un día, os homes de Cook viron un canguro, e sorprendidos, preguntáronlle aos paisanos que andaban por alí, qué era aquilo, os paisanos dixeron kaguru. Os homes de Cook decidiron copiar aos paisanos e chamaron así ao estraño animal. O conto di que kaguru na lingua daqueles paisanos quere dicir “non o sei”. Non hai constancia de que os paisanos foran galegos. Australia, na peli Los lunes al sol é o lugar soñado, o radicalmente outro. O país onde non hai paro e as rapazas son todas guapas. A peli foi rodada en Vigo porque daba ben o aspecto de lugar en crise e decadente, non porque as viguesas foran feas. Cando na Galiza vai frío, en Australia vai calor, cando na Galiza é noite pecha en Australia está a amencer. A isto chámaselle ser as antípodas. Ambrose Bierce no seu Dicionario do demo define Australia como o país que se topa nos mares do Sur e no que o seu desenvolvemento industrial e comercial se viu inexplicablemente retrasado por unha inoportuna disputa entre os xeógrafos sobre se se trata dun continente ou dunha illa. Na Galiza tal debate non se deu pero isto non evitou o atraso no desenvolvemento industrial e comercial. Hoxe Australia é un país rico e moderno. Galiza tamén. País, quero dicir. Ás veces dame por xogar ao mundo ao revés. Eses días síntome como se vivira nun país diferente. É entón cando imaxino que Fraga gaña por maioría absoluta en Melbourne e que na Galiza... na Galiza goberna un paisano con ganas de facer o australiano, é dicir, comportarse nas antípodas de como se comportaría don Manuel.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1118089345539495112005-06-06T22:14:00.000+02:002005-06-06T22:41:51.953+02:00Exercicio Espiritual

Con que se nos poderían pagar de abondo linguas enganosas?
Con afiadas frechas de guerreiro e con ascuas de xesta.

Salmo 120.

"Diríase que la neotelevisión logra su propia identidad y legitimación en la medida en que se exhibe a sí misma y fundamenta la singularidad de su discurso en el atractivo que se le supone a su propio mundo.
En realidad, esta autorreferencia es consecuencia de un fenómeno más amplio: el germen totalizador que está en la base del propio discurso televisual; los hechos significativos, las personas conocidas, los lugares de interés, las opiniones comprometidas existen en cuanto han sido puestas en circulación a través de la pequeña pantalla y, por lo tanto, han sido legitimados por la televisión". José Luis Sánchez Noriega, Historia del cine

A multitudinaria manifestación contra Ence en Pontevedra, a interesante exposición Diáspora do museo Marco sobre artistas galegos no exilio, o xeneroso e criativo traballo dos autores/as de Hai que Botalos, o abnegado esforzo de miles de persoas para conseguir que a todavía segunda forza do país, teña o espazo na rúa para publicitarse, que lle é negado nos medios de comunicación; todos son espellismos que puiden experimentar estes días atrás, pero que, tal como se desprende do texto de Sánchez Noriega, non existen.
Sorte ter unha Biblia a man, libro que sobor de todo na súa primeira parte, ven ser unha homenaxe monumental aos tan estériles coma relaxantes anceios de vinganza, e que mesmo para un agnóstico coma min, é útil.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1117651489476100992005-06-01T20:42:00.000+02:002005-06-01T23:33:14.176+02:00A pregunta do millón
Nas eleccións de febreiro en Portugal, puidemos comprobar como o PS obtiña a maioría absoluta, pero isto, sorprendentemente para alguén que extrapole esta realidade á política española, non significou un retroceso do voto á esquerda dos socialistas. Todo o contrario, tanto o PCP como o novedoso Bloco de Esquerdas obtiveron cadanseu bo resultado.
No Estado Español, o PSOE tamén gañou unhas eleccións discurridas nunhas circunstancias moi especiais, onde a esquerda se concentrou nos socialdemócratas co fin de impedir un recunque dun PP moi forte. No caso peculiar do Estado Español está claro que as tensións nacionais o condicionan todo. Isto provoca que só nas “periferias” xurdan alternativas pola esquerda de certa entidade ao Partido Socialista, pois os que en potencia poderían formar parte do eleitorado de IU, tenden a apoiar -por mor de evitar que nacionalismos non españolistas cobren demasiado peso- ao partido máis grande. Pero tamén provoca que o neoliberalismo manifesto do PP, sexa mellor dixerido ao vir envolto no seu españolismo de reacción, por moitos dos que noutras circunstancias se sentirían os primeiros agraviados desas políticas económicas. Así e todo, as movilizacións contra a LOU, contra a xestión do tema Prestige, ou en contra da guerra no Iraque, demostraron que hai un novo protagonismo da sociedade civil.
Tras a derrota do SDP en Renania do Norte-Westfalia, o lugar onde naceu a versión máis social do capitalismo, un histórico lider dese grupo como Oskar Lafontaine -despois de ter feito no medio da campaña claras críticas ao neoliberalismo- anunciou que deixaba o partido, para criar unha nova formación á esquerda dos socialdemócratas alemáns. E falar da socialdemocracia xermana non é falar de calquera cousa.
Hoxe comentaban na radio un artigo de Sami Nair –que non lin- publicado na prensa francesa, no que sostiña que os resultados do referendum sobre Constitución en Franza, evidenciaban unha crise de calado no pensamento socio-liberal que prendeu en Europa tras a Segunda Guerra Mundial. Sen dúbida, a semellanza do SPD, no Partido Socialista Francés tamén hai visos de quebra. Nun país cun sector público tradicionalmente moi forte, cunha sociedade culta e acostumada ao debate, onde a forza dos grupos altermundialistas -con líderes tan carismáticos como José Bové- é considerable, ou cuns sindicatos moi belixerantes no tema social –a diferenza do que sucede cos españois por certo-, é difícil resistir á presión, o que está levando a moitos dirixentes do PSF a posturas máis críticas que até o de agora.
Coa victoria histórica de Blair, como argumento que contradí todo o exposto, podémonos preguntar sen cair en falsos entusiasmos:
Está a nacer outra esquerda posible en Europa, ou estamos asistindo ás derradeiras resistencias agónicas dunha ideoloxía feita cascotes o día que caiu o muro de Berlín?
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1117476007435720762005-05-30T19:54:00.000+02:002005-05-30T20:07:47.373+02:00Crónica anunciada dun debate furtado
Onte a Franza, o mesmo país en que naceu o conceto de cidadanía e de soberanía nacional tal como o coñecemos hoxe, deu un rotundo non á chamada Constitución Europea. Un non xurdido dun debate fundo na sociedade francesa. Un debate tan intenso, que mesmo provocou unha fenda no seo do Partido Socialista, e na que grupos vindos do movemento altermundialista como ATTAC, ou todo o mundo sindical, tiveron un peso moi importante.
Exactamente o que non sucedeu no Estado Español, onde só unha Izquierda Unida en horas baixas, e os sindicatos e partidos de esquerda da "periferia" levaron a bandeira do non crítico.
Semella que todo isto colleu co pé trocado aos grandes medios de comunicación do sur dos Pirineus e á súa intelligentsia orbitante:
Aos medios de dereitas porque -pese á súa ambigüedade calculada no referendum español, para tratar de desgastar ao goberno de Zapatero- saben que o non da Franza, ademáis de ser unha censura ao goberno de Chirac, amosa unha oposición ás políticas neoliberais, que, como a famosa directiva Bolkestein -tentativa de que os servizos culturais, educativos ou sanitarios sexan considerados meros produtos económicos susceptibles de seren privatizados-, queren facer da Europa un espello dos Estados Unidos, onde os traballadores mexicanos ou bolivianos, son sustituidos polos traballadores polacos ou checos.
Aos medios de esquerdas -se eles existir- porque o sucedido na Franza, está xa a provocar o debate menos desexado, o debate que eles mesmos, sen rubor algún, se negaron a promover cando o texto constitucional ía ser votado no Estado Español.
Entre divertido e patético, resulta escoitar agora aos mesmos que vendían a Constitución Europea como a panacea dos dereitos humáns -esquecendo conscentemente todo o que dicía a terceira parte do texto- a facer equilibrios intelectuais para recoñecer que non era ouro todo o que relucía cando, entusiasmados, nos convidaban a votar, e calar.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1117219999493279282005-05-27T20:48:00.000+02:002005-05-27T20:58:48.876+02:00Fausto é do PSdG
Hai dúas castes de demócratas (descontando os que usan ese tiduo como disfraz): os que non queren máis que a democracia, e os que queren ademáis -e sobre todo- os seus froitos. Para os premeiros a democracia é un valo protector, en cuio recinto agardan faguer tranquilamente o seu negocio, pequeno ou grande. Para os segundos é un arbre, e quédanse pasmados cando alguén, chamándose demócrata, non quere deixalo froitificar ou pódalle as mellores ponlas para faguerlle inxertos inicuos.

Os formulistas e os hipócritas -a terceira caste- chegan a parecérense moito, quizais a seren os mesmos (non en vestidura, pero si no fondo dos móbiles e dos procedimentos) nos intres decisivos.

O demócrata realista, o que ten fe na boa vontade dun pobo, o que estima a democracia como un diálogo para chegar a un resultado -e non como unha regla conservadora-, non por isto nega que moitas cousas -as que o merezan- deban seren conservadas. Mais quere que a democracia opere para destruir as caducas. Daquela o formulista xeneraliza, e chámalle destructor. Pensa que o que quer non é faguer un horto, senón unha escombreira.

Si o formulista falase craramente desacreditaríase. Con moita solermia vaino embrullando todo, e ten para iso tan descarado inxenio que pode -chamándose demócrata até o fin- topar fórmulas para axudar aos enemigos da democracia ou para pactar con eles, con tal de que o seu valo, ou o seu negocio sexan respetados.

Hoxe, cando comecei a ler o artigo de Rafael Dieste de onde saquei estes extractos, collín medo. Pensei que espertara dun soño, que en realidade estabamos a vivir no primeiro de agosto do 1937 -ano da súa publicación na revista Nova Galicia- e o que é pior, que Francisco Vázquez por aquel entón xa era o alcalde d´A Coruña. Parecíame como se Dieste escribira este artigo en reacción ás declaracións do senador con máis testosterona de todo o partido da rosa, nas que falaba dun posible pacto cun sector do PP -caso de que este partido perda as eleccións- antes que co BNG.
Tranquilizoume moito fitar para o calendario e comprobar que no século en que andamos os anos xa non empezan por 19, pero o que non puido evitar que siga máis desasosegado que Fernando Pessoa correndo diante do boi de Allariz, foi cando repararei en que -aparte da extravagancia que supón que A Coruña ainda teña a este fulano de alcalde- Francisco Vázquez ten mando suficiente no PSdG como para impor o que Fole chamaría: un pauto co demo. Vade Retro.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1117044461828137482005-05-25T20:04:00.000+02:002005-05-25T20:17:48.186+02:00A risa do merlo
Miguel Torga, no seu marabilloso libro Bichos, conta a historia do merlo Farrusco. Unha fábula deliciosa que ven a conto ante esta febre de enquisas e contraenquisas que sempre agroma nas épocas eleitorais. Máis apropiado se cabe, ao falarmos deste noso país, onde os titulares da prensa son comprados e vendidos do mesmo xeito como se negocia o prezo do porco despois da matanza; isto é, á vista de todos, coa precisión da romana, e a tanto por quilo-canal:
A mociña Clara, recentemente comprometida co seu noivo Rodrigo, preguntou ao cuco: Cuco do Minho, cuco da Beira: quantos anos me dás de solteira? ao cual o cuco respostou con tres cucús. A rapariga, que vía que a súa voda tardaría ainda tres anos ficou aflita. Foi entón que o merlo Farrusco soltou a súa primeira gargalhada.
Intranquila, a Clara foi outravolta xunta do cuco: Cuco do Minho, cuco da Beira: quantos anos me das de solteira? O pitoniso desta vez deu catro cucús. E a nena, totalmente desgustada, voltou ao traballo invadida pola desilusión.
Pero cando a noite caiu disposta a selar com negrura aquela tristeza humana, o Farrusco, solidario con aquela rapaza tan crédula, saltou da espesura e botou ao ceu unha segunda gargallada.
Foi aquel riso tan fresco e tan espontaneo, que a rapariga por fin puxo os pés na terra, deixouse contaxiar a alegría, e gañou ánimo suficiente, como para non volver dar creto ao canto daquel cuco parvo, que mesmo a un simple merlo, provocaba risa.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1116697495082681102005-05-21T19:37:00.000+02:002005-05-21T20:04:41.663+02:00Localismo e galeguismo
Onte asistín á conferencia que deu Anxo Quintana no clube Faro de Vigo. No pequeno debate xurdido ao final, alguén entre os asistentes fixo mención -ao meu entender facendo fincapé nunha óptica máis localista ca galega- á desatención que Vigo padeceu e padece por parte das administracións. (Acaso non é toda Galiza a que padece desatención?).
Quintana respostoulle, atinadamente, que o desenrolo de Vigo non é unha cuestión local, senon unha cuestión nacional. Da boa marcha de Vigo como cidade central da eurorrexión Galiza-Portugal, depende en boa parte a economía da Galiza toda.
Hoxe veño de rematar un libro interesante titulado Mater Dolorosa, do historiador español José Álvarez Junco. Trata dos avatares que viviu toda a construcción nacional española dende o escollido como fito fundacional: a bautizada como Guerra da Independencia, até o chamado desastre nacional do 1898; vemos así, contra o que indica o mito, que o nacionalismo español, o mesmo que todos os nacionalismos modernos, obedece a un proceso de criación intelectual parido e desenvolvido ao longo do século XIX, e non a unha abstracta vontade de unidade orixinaria, que se remonte aos escuros tempos dos visigodos.
Nalgúns dos poucos momentos en que Álvarez Junco fala dos outros nacionalismos estatais, di algunhas cousas -outras non tanto- razonables:

En el caso español, es especialmente elocuente el ejemplo gallego. Si el origen de las tensiones hubiera sido un fenómeno puramente étnico-cultural, elaborado por minorías literarias, el nacionalismo gallego tendría que haber sido tanto más fuerte que el catalán y el vasco: existía un territorio perfectamente delimitado, una lengua, incluso unos problemas sociales, alrededor de los "foros", que podían haberse presentado como producto de una situación de opresión colonial; y, desde luego, existió un Rexurdimento literario gallego comparable con la Renaixença catalana. Y, sin embargo, el galleguismo político, aunque nació, fue hasta muy tarde un fenómeno minoritario. A los ingredientes etno-culturales y al romanticismo literario hay que añadir, pues, otros factores [socioeconómicos].

Las diferencias de desarrollo económico existentes a comienzos del XIX se acentuaron de manera espectacular en el último cuarto de ese siglo. Las dos zonas industriales que se desarrollaron giraban en torno a dos grandes ciudades, únicas que podían competir con la capital política del Estado: Barcelona y Bilbao. Especialmente la primera, no sólo muy rica sino tan poblada como Madrid y bien conectada, al final del siglo con París, capital cultural de Europa. En el caso Bilbaíno, la gran ciudad fue ella misma producto del desarrollo minero y metalúrgico; la región estaba menos poblada y sus comunicaciones eran peores que las del área barcelonesa, pero la concentración de riqueza fue no menos espectacular y existía una conexión relativamente fácil con Londres, el centro financiero mundial.

La diferenciación fundamental, que convirtió al bizcaitarrismo en menos amenazador que el catalanismo durante muchas décadas, fue la carga rural y carlista de sus ideólogos, lo que hizo que los intelectuales vascos de primera magnitud tendieran a distanciarse del nacionalismo e instalarse en Castilla. En el caso gallego, no sólo faltó el desarrollo industrial que hubiera dado importancia y peso a las reivindicaciones de la región, sino que no hubo una ciudad de indiscutible primacía donde las élites intelectuales se reunieran y organizaran su enfrentamiento con Madrid; las élites descontentas, para colmo, tenían una válvula de escape al alcance de la mano, como era la emigración; con lo que el nacionalismo gallego, además de ser minoritario, nació en Madrid o en Buenos Aires.

Se ben é discutible iso de que o nacionalismo galego naceu exclusivamente en Madrid ou Bos Aires, sí acerta o autor na diagnose dalgunhas das eivas históricas que o noso país ten a respeito doutros lugares do Estado. Eivas estruturais, pero eivas modificables. Certamente non é só o factor cultural o que crea o conflito -ainda que de non existir o aglutinador da reivindicación cultural o conflito teríase desactivado antes- senon tamén o factor económico. Álvarez Junco fala da posibilidade que tería un nacionalismo galego forte de acudir ao tema dos foros para denunciar a situación colonial, sen se decatar -ou se cadra si se decatou- de que é precisamente a circunstancia que está a describir, o que constitúe o feito colonial galego: a marxinación da Galiza e polo tanto das súas élites, nese proceso de industrialización que agromaba a nivel estatal. Esa é a nosa diferenza fronte a outras zonas do estado, iso impediu a existencia dunha urbe representativa das demandas fronte ao estado central, que fortalecera ao nacionalismo galego. E iso explica -volvendo á conferencia de onte- moitas das carencias que vemos na actualidade.
Se cadra, xa non é o momento de aspirar a esa única grande cidade-temón, senon que o necesario é vertebrar esoutra cidade ininterrompida que vai dende o Douro até Ferrolterra; así e todo, a importancia da área metropolitana viguesa non é un tema exclusivamente de desenrolo local, a súa posición xeográfica e económica, fai que sexa aquí onde está en xogo a viabilidade futura de Galiza como país.
Por que senon as forzas máis centralizadoras e negadoras da cultura galega -o pacovazquismo sucursalista, os caciques das deputacións e a maioría dos medios de comunicación- tenden a exacerbar os conflitos entre o norte e o sur, entre cidades, ou entre eses estraños entes, produtos tamén do s.XIX, chamadas provincias?
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1116440025578798872005-05-18T20:09:00.000+02:002005-05-18T20:34:00.860+02:00Contrapunto a un contrapunto
Leo na web da Cadenaser unha información sobre a influenza dos blogues na conformación de opinión política. Segundo vexo, este medio ainda non é un fenómeno de masas, pero sí consegue ter certa influenza. Disque o que se di nun blog retroalimenta aos outros blogues e aos leitores dos mesmos, de xeito que a información acaba por fluir dun xeito efectivo.
Imbuido deste espíritu optimista, decídome a aportar un graiño de area co ánimo de que, por unha vez, sexa escoitada esta pequena frustración diaria que agroma na lectura da prensa do noso país.
Hoxe Javier Sánchez de Dios (un dos comentaristas políticos de peso no Faro de Vigo e non dos máis obtusos da prensa galega), escribe un artigo de opinión sobre a votación consensuada entre PSOE-BNG no congreso dos deputados para dar un pulo ao manido Plan Galicia co expresivo título de El satélite.
O que o xornalista ven dicir no artigo é que o BNG non estivo o suficientemente exixente co PSOE, que tragou co que lle puxeron diante pola necesidade seica, de buscar onde acubillarse tras as vindeiras eleccións. O señor síntese pouco menos que defraudado polo BNG, pola falta de belixerancia e pola deixación do seu caracter soberanista ao querer orbitar arredor de ZP. Exactamente o mesmo tipo de personaxe que gasta litros de tinta falando da radicalidade da UPG, do control de aceiro que impón Francisco Rodríguez, e da falta de altura de miras do BNG, hoxe, que non pode poñer unha tacha con eses argumentos á decisión dos nacionalistas de que se visualice a posibilidade dun cambio, pide máis contundencia, máis intransixencia e máis radicalidade.
O caso é poñer o contrapunto á portada do mesmo xornal, que evidenciaba a utilidade da representación nacionalista en Madrid para facer o que non se pode facer na Galiza: xestos que mostren a vontade de que haxa unha alternativa.
Cara ao final dá un pequeno tirón de orellas á apatía de ZP no tema das inversións na nosa terra, pero o que non aparece por ningures son os socialistas galegos, seica o PSdG non ten nada que dicir?, por qué non se lle demanda ao PSdG a mesma belixerancia e compromiso que aos demáis? non hai deputados galegos nos escanos socialistas que reclamen o que o señor Sánchez de Dios demanda?. Señor TP (touri-presente) por favor atenda ao señor da prensa como se merece.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1115850472810217342005-05-12T00:23:00.000+02:002005-05-12T01:18:07.753+02:00Tras 2666, toca 2046
Él lembra esa época pasada
como se mirase a traverso dun cristal coberto de po
O pasado é algo que pode ver, pero non tocar
todo canto ve está borroso e confuso.

"In the mood for love". Wong-Kar-Wai

Hoxe vin In the mood for love de Wong-Kar-Wai. A historia dun home e dunha muller que descobren que as súas parellas son amantes e que tentan, sen chegar a conseguilo, suplir as súas respectivas carencias afectivas mediante citas nun cuarto cun número na porta: 2046. A cifra que dará título á súa seguinte película.
Do cine deste home gústanme varias cousas:
1. A sensación xeral de melancolía que destila.
2. Que as súas personaxes fumen como se fumaba nas películas clásicas de Hollywood: con elegancia e parsimonia -será por iso que os seus protagonistas masculinos semellan unha mezcla de Humphrey Bogart e Clark Gable con ollos rasgados.
3. Que as bandas sonoras, cos seus valses decadentes, os seus boleros balorentos e ás súas arias sofisticadas, rezumen bo gusto e doten de deliciosa nostalxia ou de sutil sentido do humor ás diferentes esceas.
4. O xeito tan persoal que ten para mostrar o filmado. Case que espiando ás personaxes. A cámara observa colándose nas portas entreabertas, nos buratos da parede, na cornixa da fiestra, a traverso de cristais suxos ou cheos de vao...
5. A ausencia de contacto físico das personaxes. Onde collerse da man ten a mesma carga de intensidade que facer o amor ou bicarse.
6. As cámaras lentas a modo de suliñado.
7. E sobor de todo gústame a fragmentación dos planos mediante a utilización de espellos. Unha sorte de visión cubista da realidade.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10326353.post-1115665577489315612005-05-09T21:03:00.000+02:002005-05-09T21:06:17.496+02:00Declaración Pragmática Pre-eleitoral
Se, ante o que significan para Galiza as vindeiras eleccións de cara a futuras reformas do Estado, de cara ao benestar e á liberdade dos seus cidadáns, e de cara á propia existencia como país de seu (e como proba dos riscos, a Rajoy e ao seu Covadonguismo irredento me remito), tomamos coma tese a máxima de San Ignacio de Loyola: "en tempos de turbación non facer mundanza" -definición por antonomasia do pensamento conservador encarnado en Fraga e no PP-, e como antítese a lóxica Lampedusiana de: "mudar algo para que nada mude" -definitoria do esquerdismo edulcorado e do xacobinismo adormecido de Touriño e do PSOE-, a síntese á que podemos chegar é que este bipartidismo que nos queren impoñer dende os seus respectivos medios afíns, non só é un sistema inimigo do pluralismo e da democracia, senon que ainda por riba, trátanos, aos eleitores, coma se foramos parvos.
Con todas as eivas que se lle queiran pór (que son moitas) non hai máis que un candidato -e ogallá a nosa sociedade demandara que houbera máis- no actual panorama político galego, que en tempo de turbación esté disposto a facer mudanza -ou a incidir para que ésta se faga- e que esta mudanza sexa unha mudanza de calado: Anxo Quintana González.
E o resto é teimar en enlearse con debates menores, ou ganas de volver a perder o enésimo tren.
O Fucohttp://www.blogger.com/profile/13114324643885797722noreply@blogger.com