Apaga a lus Maripepa, apaga a lus
O mundo comezou a representarse nunha caixiña de luz e, en 1967, Guy Debord anticipou no seu libro La société du spectacle a transformación do individuo en espectador: A exterioridade do espectáculo en relación co home activo faise manifesta no feito de que os seus propios xestos deixan de ser seus, para convertirse nos xestos de outros que os representa para él, resumindo: o espectador canto mais contempla menos ve.
Isto todavía era incipiente nesa altura, ainda existían alternativas realizables na organización social e económica, e movementos como a Contracultura que trataban de oporse ás directrices establecidas. Pero hoxe estamos noutro momento histórico. As alternativas desembocaron en fracasos, os protagonistas do maio francés acabaron envellecendo ó abeiro do sistema, ou, como Guy Debord mortos en estranas circunstancias, e a contracultura, pasou a ser parte integrante da Cultura, unha etapa mais.
É hoxe realmente, cando os xestos, os discursos, as opinións, os hábitos de consumo, a utilización do ocio, é representada para nós, que asistimos mudos ó espectáculo deixándonos levar, coma peixes mortos, na súa corrente.
Einstein mostrou o seu arrepentimento por ter contribuido á creación da bomba atómica, pregúntome se ante este panorama non sentiría a tentación de facer como aqueles ludditas da revolución industrial, que propoñían escarallar todas as máquinas, por ser estas as responsables de eles perder o seu xeito de vida.







