30.6.05

No día do arco da vella

Italo Calvino, o autor que nos fixo soñar coas cidades invisibles que creaba, escribiu tamén a historia de Cósimo Piovasco di Rondó, aquel rapaz que un bo día decidiu rubir ás ponlas dunha árbore e non baixar máis.
Ao principio, todos os habitantes daquelas bisbarras do norte de Italia, rosmaban ante a extravagancia deste mozo díscolo, que se negaba a vivir como o resto da xente. Pero velo comer, lavarse, ler, namorarse ou mesmo combater un ataque pirata sen poñer os pés na terra, foise facendo tan habitual, que o Barón Rampante e os seus costumes, acabaron por ser plenamente aceptados na comunidade.
Esta entrañable noveliña é un canto á diferenza, ao dereito a vivir a propia vida en liberdade, a ser o que se quere ser e non o que se supón que se debe ser. Unha lectura ideal para o día no que se aprobou a lei que permitirá a moitos "diferentes" facer á luz do día o que xa facían na escuridade: construir a súa propia cidade invisible.

5 Comments:

Blogger Ian said...

Historia preciosa, gosto dela tanto coma do seu cabaleiro inexistente, esa imaxe que tan ben descrebe o noso país, unha armadura baleira que se move grazas á vontade do inexistente.

2 de julho de 2005 às 16:52  
Blogger O Fuco said...

Estiven a piques de falar tamén do cabaleiro neste post. O único que facía do cabaleiro un cabaleiro era a armadura, sen ese rasgo externo perdía a identidade toda, esvaecíase. É unha boa reflexión sobre os roles sociais, e de cómo o rol que nos toca desempeñar chega a confundirnos e a facernos crer que esa é a nosa razón de ser. Actuamos coma Policía, Carpinteiro, Avogado, Obreiro, Heterosexual ou Homosexual, esquecendo que o único que somos é persoas.

2 de julho de 2005 às 21:39  
Blogger Ian said...

Ou é simplemente unha reflexión sobre a capacidade creadora da vontade?

4 de julho de 2005 às 14:58  
Blogger O Fuco said...

Podemos concluir con que é unha reflexión que produce froitos dispares. Esas son as mellores.

4 de julho de 2005 às 19:18  
Blogger No Hassle Loans said...

Hey nice blog. Although it�s not what I was looking for. I am looking for info on Payday Loans or a Payday Advance Loan . I found your blog very interesting

25 de fevereiro de 2007 às 21:50  

Enviar um comentário

<< Home