6.6.05

Exercicio Espiritual

Con que se nos poderían pagar de abondo linguas enganosas?
Con afiadas frechas de guerreiro e con ascuas de xesta.

Salmo 120.


"Diríase que la neotelevisión logra su propia identidad y legitimación en la medida en que se exhibe a sí misma y fundamenta la singularidad de su discurso en el atractivo que se le supone a su propio mundo.
En realidad, esta autorreferencia es consecuencia de un fenómeno más amplio: el germen totalizador que está en la base del propio discurso televisual; los hechos significativos, las personas conocidas, los lugares de interés, las opiniones comprometidas existen en cuanto han sido puestas en circulación a través de la pequeña pantalla y, por lo tanto, han sido legitimados por la televisión". José Luis Sánchez Noriega, Historia del cine


A multitudinaria manifestación contra Ence en Pontevedra, a interesante exposición Diáspora do museo Marco sobre artistas galegos no exilio, o xeneroso e criativo traballo dos autores/as de Hai que Botalos, o abnegado esforzo de miles de persoas para conseguir que a todavía segunda forza do país, teña o espazo na rúa para publicitarse, que lle é negado nos medios de comunicación; todos son espellismos que puiden experimentar estes días atrás, pero que, tal como se desprende do texto de Sánchez Noriega, non existen.
Sorte ter unha Biblia a man, libro que sobor de todo na súa primeira parte, ven ser unha homenaxe monumental aos tan estériles coma relaxantes anceios de vinganza, e que mesmo para un agnóstico coma min, é útil.

1 Comments:

Blogger Nimux said...

Pos xa vai sendo hora de que quiten de ali esa merda.
Fai tempo que non paso por Marin, xa que agora estou en Sevilla, pero a ver si cando volte a visitar a miña nai podo ir facer unha visita sen esa merda.
Decian que era o unico sitio onde cando botabas un pedo dabanche as gracias por purifica-lo ar.

P.D. ¿Interesabos un mensaxiños? eche un tagboard de balde e sin publicidade http://correo1000.allhyper.com/

8 de junho de 2005 às 19:02  

Enviar um comentário

<< Home