8.4.05

O Ancien Régime TV Show, estanos a deixar sans-culottes

Waterloo, si se lo considera desde el punto de vista culminante de la cuestión, es intencionalmente una victoria contrarrevolucionaria. Es Europa contra Francia, es Petersburgo, Berlín y Viena contra París, es el status quo contra la iniciativa (...) es el zafarrancho de las monarquías contra el indomable motín francés. Apagar de una vez el volcán de este vasto pueblo, erupción desde hace veintisiete años, tal era el sueño. Solidaridad de los Brunswick, de los Nassau, de los Romanoff, de los Hohenzollern, de los Habsburgo, con los Borbones. Waterloo lleva a la grupa el derecho divino. Es cierto que, habiendo sido despótico el imperio, la realeza, por la reacción natural de las cosas, había de ser forzosamente liberal y que un orden constitucional, aunque forzoso, ha surgido de Waterloo, con gran pesar de los vencedores. Es que la revolución no puede ser verdaderamente vencida, y por ser providencial y absolutamente fatal, vuelve a aparecer siempre, antes de Waterloo, con Bonaparte, que derriba los tronos decrépitos, después de Waterloo, con Luis XVIII, que otorga y sufre a un mismo tiempo la Carta constitucional.
(...)
No veamos en Waterloo sino lo que hay realmente en Waterloo. De libertad intencional, nada absolutamente. La contrarrevolución era involuntariamente liberal, lo mismo que, por un fenómeno análogo, Napoleón era involuntariamente revolucionario. El 18 de junio de 1815, Robespierre a caballo perdió los estribos.


Ando a ler estes días unha edición en castelán de Les misérables, de Victor Hugo. Adica varios capítulos a narrar a batalla de Waterloo, de aí saquei este extracto. Paréceme interesante a visión que ofrece, ainda que haxa nela un transfondo de chauvinismo francés ferido e de camufladas saudades por un imperio fracasado. Fala dos valores xurdidos da revolución do 1789 coma unha especie de espíritu poderoso agochado no subsolo. Un ben absoluto que tras facer explosión o impregna todo, mesmo até conseguir que os aristócratas asinen a declaración dos dereitos do home. Se cadra é unha lectura política utilitarista de máis, pouco atenta ao concreto, e que pasa de longo polas xentes de carne e óso. Ainda así, paréceme moi ilustrativa.
O outro día fun ver un filme recomendable: Habana Blues de Benito Zambrano. Unha descripción vitalista da sociedade cubana e do seu potencial humán. Unha película sobre a xente real. Non cae en inxenuidades tipo Ken Loach nin en maniqueismos filo-ianquis tipo Hollywood. O que fai é partir dunha realidade: o pobo cubano ten dereito a tomar as súas decisións sen que ningúen lles vaia ensinar o camiño dende fóra.
Dándolle voltas ao texto de Hugo, encontreille un punto de unión coa illa caribeña. Cando fala dos vencedores de Waterloo -Wellington e as monarquías europeas- di deles que eran involuntariamente liberais. Isto lembroume ao presidente dos USA e ao seu abuso da palabra democracia cada vez que quere “pacificar” algún país: é involuntariamente demócrata. Se facemos a analoxía entre Napoleón e Fidel Castro (seino, é unha boutade) diría que ambos os dous levaron o espíritu dunha revolución á dexeneración do personalismo, porén, seguindo a Hugo, tamén diría que tanto un coma o outro recibiron o legado do que él chama a iniciativa fronte ao status quo.
A contrarrevolución é involuntariamente liberal, do mesmo xeito que os cubáns de Miami son todo o contrario á democracia e á soberanía para o pobo cubano. Napoleón era involuntariamente revolucionario o mesmo que este Castro crepuscular. Malia todo, grazas á revolución –ao que ésta simboliza- se derribaron tronos decrépitos na Franza e se promoveu unha verdadeira soberanía nacional en Cuba.
As ideoloxías son construccións ideais que interactúan coa xente real e que, como diría Hannah Arendt, ordean os feitos nun procedimento absolutamente lóxico, que comeza nunha premisa axiomaticamente aceptada, deducindo todo a partires de aí. O da ideoloxía é un meigallo do que non podemos sair. Por iso, sempre que asistimos á celebración das “Reconquistas” no Estado Español, véñennos á mente afrancesados como Goya, e lembramos, que o que realmente están a celebrar é o vivan las cadenas. Tamén por iso, alén da figura de Castro, e pese a que A Habana teña mais policías por metro cadrado que ningunha outra cidade que eu coñeza (vivan as cadeas?) seguimos a crer que o ianquis non, Cuba sí ainda representa, o indomable motín que cada certo tempo estoura, coma un volcán, no subsolo de Latinoamérica.

5 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

1 de novembro de 2005 às 17:36  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

2 de novembro de 2005 às 14:22  
Blogger My-Juno said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

20 de dezembro de 2005 às 21:30  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

26 de dezembro de 2005 às 03:18  
Blogger Iza Firewall said...

Este comentário foi removido pelo autor.

25 de agosto de 2007 às 16:18  

Enviar um comentário

<< Home