26.4.05

Música para camaleóns

Fíxenme hai pouco cunha obra da que escoitara falar repetidas veces, as Variacións Goldberg de Bach interpretadas por Glenn Gould, e levo tres días enganchado a ela.
Hoxe estiven revisitando un libro que teño dende hai anos: Os testamentos traizoados de Milan Kundera. Lembreime desta escolma de pequenos ensaios porque entre outros temas fala de música. Curiosamente, aparece unha anécdota protagonizada por Glenn Gould. Conta Kundera que o pianista estivo dando uns concertos en Moscú para estudantes do conservatorio. Tras tocar autores modernos como Weber, Schöenberg e Krenek, diríxese aos seus ouvintes e di: o máis fermoso eloxio que podo facer desta música é dicir que os principios que se poden atopar nela non son novos, que teñen polo menos cincocentos anos, o concerto continuaría despois con tres fugas de Bach.
Era unha provocación -di Kundera- ben meditada: o realismo socialista, doutrina entón oficial en Rusia, opúñase ao moderno en nome da música tradicional; Glenn Gould quixo demostrar que as raíces da música moderna (prohibida na Rusia comunista) chegan moito máis fondo que as da música oficial do realismo socialista (que, en efecto, non era senon unha conservación artificial do romanticismo musical).
Xa sabemos que en cuestións políticas, Kundera non quere saber nada do que cheire a socialismo -noutra parte do ensaio defínese, ante a pregunta de si é de esquerdas ou de dereitas, simplemente cun escapista: son novelista- porén, paréceme interesante a súa crítica ao anquilosamento de toda cultura oficial e o seu ponto de vista contrario aos excesos románticos:
Como se, por tras da arte da melodía, se agocharan dúas intencionalidades posibles, opostas entre sí: como se unha fuga de Bach, ao facernos contemplar unha beleza extrasubxectiva do ser, quixera facernos esquecer a nós mesmos os nosos estados anímicos, as nosas paixóns e mágoas; e, pola contra, como se a melodía romántica quixera que nos sumerxísemos en nós mesmos, facernos sentir o noso eu cunha terrible intensidade e facernos esquecer todo o que se atopa fóra.
Estes días, o corpo estame a pedir que me alonxe das treboadas do Romanticismo (tan atractivas) coas súas diseccións obsesivas do Eu, e aspirar a beleza pura, de expresión contida, e impecable precisión formal, que emana da música de Bach.
Imitar, coma un camaleón, ao Schopenhauer máis etéreo e orientalista que escrebe: Cando escoito música, a miña imaxinación xoga a miudo coa idea de que a vida de todos os homes e a miña propia non son máis que soños dun espíritu eterno, bos ou malos soños, de que cada morte é un espertar.

7 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

1 de novembro de 2005 às 18:36  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

2 de novembro de 2005 às 04:49  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

8 de novembro de 2005 às 01:34  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

27 de novembro de 2005 às 02:09  
Blogger Juno-Regina said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

1 de dezembro de 2005 às 17:53  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

15 de dezembro de 2005 às 03:49  
Blogger Iza Roberto said...

Este comentário foi removido pelo autor.

29 de agosto de 2007 às 02:26  

Enviar um comentário

<< Home