18.4.05

A estratexia do ourizo

Bernardo Atxaga ten un poema en castelán no que compara ao eusquera cun ourizo que, contra vento e marea, foi sobrevivindo dende a noite dos tempos, retirándose e agachándose nesa nación diminuta que agora se chama País Vasco.
Despois do que leva chovido, despois de ilegalizacións preventivas, despois do acoso brutal ao PNV e despois de contar coa forza de todo un estado e das súas ramificacións mediáticas para censurar, ridiculizar e combater calquera cousa que cheire a soberanismo, unha maioría do electorado da Comunidade Autónoma Vasca -e alén dos pactos coxunturais que se podan facer a partires de agora- segue a pensar que son eles os que deben decidir o seu futuro.
Dí Atxaga: el sueño fue largo, la biblioteca breve; Pero en el siglo veinte, el erizo despertó.
Ainda que os libros sobre o tema vasco darían para encher varias bibliotecas, a base social do nacionalismo é terca como ese ourizo.
Unha bola de púas impermeable.
E esperta, moi esperta.