22.3.05

Queimada Popular

Hai pouco Xosé Luis Barreiro Rivas recordaba nun xornal cómo o tema dos incendios forestais fora usado por Fraga para desprestixiar ao tripartito que gobernou (parece incrible) este país despois e antes do réxime. Daquela entendíase o lume como un problema máis a solucionar polo goberno, unha materia que se debía abordar dende o punto de vista político.
En plena pax fraguiana, e posto que o monte seguía a arder, aducíronse peregrinas cuestións climáticas para explicar a incidencia do lume. Chovía pouco, cada vez tiñamos mais bosque, e tolos hai en todas partes, así que só nos restaba facer o que fixo Voltaire depois do terremoto de Lisboa: indignarnos coa natureza e calar a boca.
Agora, na decadencia do Imperator, a última moda é falar do terrorismo forestal. Nestes tempos nos que as palabras, a forza de empregarse, perden cada vez máis o seu contido, o termo terrorismo é o novo fetiche.
¿E que podemos facer ante o terrorismo forestal? Como ilegalizar ao pp non parece factible, e xa que fetiche ven do portugués feitiço, o que nos queda é agardar a que as urnas nos esconxuren dunha vez deste malfado ou, no seu defecto, seguir involucionando até o sXIX e facer do carbón vexetal a nosa enerxía nacional. Galiza na involución industrial: ¿Iribarne a nosa raiña Victoria?

2 Comments:

Blogger Ian said...

Don Manuel, un pouco raiña nai si que é. E a pouco que lle deixemos o home que move o Estado cun dedo vai e nos monta un imperio. Lástima que lle fallou a época... sniff

23 de março de 2005 às 21:20  
Blogger O Fuco said...

Hoxe lin que foi o primeiro ministro Disraeli quen tivo a idea de que Victoria se nomeara a si mesma emperatriz, ela para premialo nomeouno conde. Alguén que queira ben ao Núñez Feijoo ou ao X.M. Barreiro debería facerlles chegar esta valiosa información. De Baltar xa non digo nada, un home da súa bagaxe por forza ha de ter a Enciclopedia Británica na casa.

23 de março de 2005 às 22:00  

Enviar um comentário

<< Home