5.3.05

O tío Tom está farto do tío Sam & cia.

"I believe that there will ultimately be a clash between the oppressed and those that do the oppressing. I believe that there will be a clash between those who want freedom, justice and equality for everyone and those who want to continue the systems of exploitation." Malcolm X.

Pese a que Huntington quixera convencernos de que os conflictos mundiais que se aveciñan terán a súa raiz en supostas incompatibilidades culturais e non nos desequilibrios económicos, os medios falaban hoxe dun estudo da ONU que nos devolve o eco do berro desesperado dese continente desangrado que é África: nos próximos vinte anos uns oitenta millóns de africanos poderán morrer de Sida e uns noventa millóns poderían infectarse se non se toman medidas para combater a enfermidade. Un holocausto en toda regra.
Nese "O choque de civilizacións" tan comentado do Huntington eu só salvaría -por salvar algo- o feito de él tomar ao mundo na súa totalidade, de analizar os conflictos partindo de que hoxe a humanidade está sincronizada e interconectada, de xeito que os problemas dunha parte do globo acaban sendo os problemas da terra toda.
Extrapolando isto ao tema da Sida, e na lóxica Brechtiana de que ata que a min non me toque non movo un dedo, é estúpido pensar que se a pandemia continúa a ese ritmo, non acabaremos sufrindo as súas consecuencias mais pronto que tarde, tamén ao norte do estreito de Xibraltar.
Se cadra, cando a loucura chegue a ese extremo, substanciarase o que Camus escribiu en "A peste" sobre o cárcere de Orán: Desde o ponto de vista superior da peste, todo o mundo, desde o director ata o último detido estaba condeado e, se cadra por primeira vez, reinaba no cárcere unha xustiza absoluta.

1 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

4 de novembro de 2005 às 08:35  

Enviar um comentário

<< Home