31.3.05

Arredor de nós

Hai unha frase que brila dentro dos lugares comúns de moitos deses fala-barato da villa y corte, incapaces de comprender porqué persistimos na nosa teima de non render pleitesía á grande nación de Felipe II e de Felipe... ¿sexto?. O nacionalismo cúrase viaxando, din -¿Só hai un nacionalismo?-. Acostuman empregala cun ton de superioridade, dando por suposto que eles non son nacionalistas -¿Serán esperantistas?-, que eles viaxan moito -algúns deles non viron un barco até que foron á mili-, e que nós non damos saido da nosa vila, ou, o que é pior, da corte... das vacas. Como para todo nesta vida, tamén hai un libro acaido ao tema que nos ocupa. Un clásico galego. Sí, os galegos teñen clásicos. Chámase Arredor de sí, e nel descríbese, entre outras cousas, algo que sempre que fago unha viaxe experimento: A aprendizaxe dos lugares que visito. Aprendo a respectalos, aprendo a ser crítico coas súas virtudes e as súas carencias, aprendo a querelos, pero sobre todo aprendo, por comparación, que o lugar onde vivo tamén pode ensinar unha chea de cousas. E que polo tanto, é merecente de crítica, pero tamén de respecto, e de ser querido.

5 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

2 de novembro de 2005 às 12:54  
Blogger Clickbank Mall said...

Come Visit Santa at his blog and tell him what you want for Christmas,

2 de novembro de 2005 às 23:41  
Blogger Dan said...

Great blog, I also have a casino related site, If you want or need more exposure get casino traffic by the thousands at **casino traffic** Works for me!

3 de novembro de 2005 às 08:10  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

4 de novembro de 2005 às 08:37  
Blogger Roberto Iza said...

Este comentário foi removido pelo autor.

24 de setembro de 2007 às 16:57  

Enviar um comentário

<< Home