1.2.05

Sinfonía Catódica

Obertura. As imaxes das torres xemelgas a cair tra-lo impacto dos avións en cámara lenta no escaparate dunha tenda de electrodomésticos. Adagio. A imaxe de Bush en liña directa con Deus chamando á guerra santa. Sostenuto. ¿Gústache conducir? A imaxe dos mosqueperros das Azores. Moderato. A imaxe do bigote da estatua de Sadam evolta nas barras e estrelas. Un arao galegofalante embalsamado en petroleo. Os videos domésticos de Ben Laden. Andante. O novo condimento para enriquecer os teus pratos. As snuff movies dos decapitados en Irak. Allegro ma non troppo. A película sobre as vítimas de ETA a noite do 14-M. As imaxes dos turistas repoludos a bañarse nas praias. Allegretto con spiritu. Sí, as do maremoto no sureste asiático. Con brio. Sí, as do destino en promoción na túa axencia de viaxes. Scherzando. Fraga Iribarne a cabecear esvaido no Parlamento Galego. Mais turistas nunha praia do sur de España compartindo a area co cadaver hinchado dun usuario de patera. Forte. He dicho que no. Piu Forte. Aplausos bovinos. O coleccionable por fascículos de bonecas de porcelá. O concurso no que priman a delación e a felación. Fortissimo. Mais aplausos. Confesións de alcoba dunha nena mona. Prestissimo. E descoñecedora dos rudimentos da sintaxe castelá. Maestoso. Aplauso estrondoso. Asubíos xubilares. A peineta de Letizia Ortiz brillando cos flashes na fría arquitectura da Almudena. Vivacissimo. Reflexada nos lentes de Urdaci tras deletrear o último discurso do Papa. Apoteose. A pelvis de David Bisbal marcando as badaladas da Porta do Sol o 31 de decembro. Finale.