28.2.05

Navegando no cuadrilátero

O ben pensante star system ianqui premiou con acerto o último traballo de Clint Eastwood, un filme de perdedores. Cando o fun ver, quedeime con esas palabras que repetía o boxeador retirado interpretado por Morgan Freeman: No boxeo todo vai ao revés. Para golpear co puño dereito hai que virar o pé contrario e botar todo o corpo para a esquerda, para golpear co puño esquerdo é o pé dereito o que hai que virar e botar todo o corpo para ese lado.
Esquerda-dereita, dereita-esquerda.
Leo as polémicas declaracións de X.M. Beiras -probablemente inoportunas, pero evidencia ao fin e ao cabo das tensións internas- e os comentarios xerados por elas, e tamén me pregunto dende a cómoda e incompleta posición do observador ¿cara onde vai e cara onde quere ir o Bloque?
¿Seguir sendo unha fronte de partidos con mensaxes discordantes, constituirse nun único partido en detrimento da súa pluralidade, manterse fieis a ideais históricos coa eiva de acadar un teito eleitoral mais limitado, ou modular unha mensaxe moderada tratando de abarcar mais espectro social pero traizoando os principios? ¿Cómo se pode golpear mellor?
¿Cara onde convén abalar para non ficar noqueados?
O boxeo tal como o conta Eastwood funciona como o temón dun barco. Para onde sexa que decidan bogar, espero que toda a xente que integra o Bloque ainda sega a estar no mesmo barco, porque remando en direccións diferentes corremos o risco de irmos a pique.

2 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

4 de novembro de 2005 às 08:11  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

11 de dezembro de 2005 às 06:06  

Enviar um comentário

<< Home