30.1.05

Apaga a lus Maripepa, apaga a lus

Sóese citar como exemplo de paradoxa o feito de Einstein, un home de paz, contribuir á invención da bomba atómica, a arma que provocaría a indignación do mundo naquela imaxe da nena espida coa pel queimada chorando de dor. E non hai dúbida de que os efectos destructivos desta bomba foron letais en Hiroshima e case avocan ó mundo ó absurdo da tolemia durante a guerra fría, como irónicamente mostrou Kubrick en Dr. Strangelove. Pero houbo outro dano colateral nos logros do benintencionado físico xudeu. No 1921 recibiu o Nobel polos seus traballos sobre o efecto fotoeléctrico sen o cal, segundo leo, non se podería ter inventado a televisión, o instrumento de control mais efectivo de todos os creados polo home, a nova arma de distracción masiva. Foron estes dous, por seguir coa física, uns traumáticos casos de efecto bolboreta.
O mundo comezou a representarse nunha caixiña de luz e, en 1967, Guy Debord anticipou no seu libro La société du spectacle a transformación do individuo en espectador: A exterioridade do espectáculo en relación co home activo faise manifesta no feito de que os seus propios xestos deixan de ser seus, para convertirse nos xestos de outros que os representa para él, resumindo: o espectador canto mais contempla menos ve.
Isto todavía era incipiente nesa altura, ainda existían alternativas realizables na organización social e económica, e movementos como a Contracultura que trataban de oporse ás directrices establecidas. Pero hoxe estamos noutro momento histórico. As alternativas desembocaron en fracasos, os protagonistas do maio francés acabaron envellecendo ó abeiro do sistema, ou, como Guy Debord mortos en estranas circunstancias, e a contracultura, pasou a ser parte integrante da Cultura, unha etapa mais.
É hoxe realmente, cando os xestos, os discursos, as opinións, os hábitos de consumo, a utilización do ocio, é representada para nós, que asistimos mudos ó espectáculo deixándonos levar, coma peixes mortos, na súa corrente.
Einstein mostrou o seu arrepentimento por ter contribuido á creación da bomba atómica, pregúntome se ante este panorama non sentiría a tentación de facer como aqueles ludditas da revolución industrial, que propoñían escarallar todas as máquinas, por ser estas as responsables de eles perder o seu xeito de vida.
Posted by Hello

2 Comments:

Blogger Parmenides said...

Y dime...¿Tú "escarallarías" tu ordenador? No deja de ser una máquina más, consecuencia de esa revolución industrial...¡ay!... ¡Maripepa, no apagues el ordenador!

31 de janeiro de 2005 às 19:11  
Blogger Roberto Iza Valdes said...

Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

4 de novembro de 2005 às 08:36  

Enviar um comentário

<< Home